A Asociación de Escritores en Lingua Galega, en colaboración co Concello da Coruña e a Real Academia organizan a IV Edición dos Encontros Cidade da Coruña. A sede da RAG acollerá desde o trinta de marzo e ao longo do mes de abril, un encontro semanal con diferentes autores. A angoalna Ana Paula Tavares abre o programa que contará coa presenza de Mariasun Landa, de Euskadi e da galega Ana RomanÃ. O coñecido Antonio Gamoneda fecha o evento cunha conferencia sobre a linguaxe poética.