María Pujalte recibirá o premio de honra do Festival de Cans pola súa traxectoria

O festival estreará publicación oficial, o Canzine

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
María Pujalte recibirá o premio de honra do Festival de Cans pola súa traxectoria

María Pujalte recolle o testemuño deixado por Luis Tosar ou Celso Bugallo e recibirá o vindeiro 20 de maio o premio de honra Pedigree’11. Un galardón co que o Festival de Cans recoñece a súa traxectoria dende os seus inicios no mundo do audiovisual en Galicia. Canda ela, os chimpíns de prata (que premian o apoio ao festival) irán para o actor e presentador Roberto Vilar e para o veciño Serafín Campos Bargiela. A organización está a pechar a programación dunha nova edición (do 18 ao 21 de maio) ao que se presentaron máis de 70 curtametraxes de ficción, animación e documental e uns 50 traballos para o concurso específico de videoclips. O festival estrea nesta edición a publicación oficial, o Canzine dirixida por Diego Giráldez e Amparo Rodríguez Ojea.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Diego Giráldez, Diego Giráldez, Documental...

Claves

Entidades
Lugares