O retorno de Tintimám

A mítica cabeceira viguesa dos oitenta volta con vocación internacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Capa de Tintimám 1

Capa de Tintimám 1

No seu día foi un referente da movida viguesa. Agora, Tintimám volta ao quiosco buscando deixar pegada a nivel internacional. Baixo a dirección de Xavier Moreda e escrita en galego-portugués, a publicación achega versións en inglés e castelán e aposta pola cultura nas súas máis variadas expresións. Moda, gastronomía, danza ou música danse cita nestas páxinas, que están dispoñibles de xeito íntegro en Internet. O pasado venres, o espazo Detrás do MARCO acollía a presentación do número 1 deste proxecto, que lle dedicou a súa capa ao filme Crebinsky. A revista está xa dispoñible en quioscos e inicia agora unha xira de presentacións por todo o país.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Danza, Portugués, Moda...