O Ministerio de Industria reconverterá o edificio ourensá de La Molinera nun centro tecnolóxico

O cidadán poderá participará nas probas dos dispositivos que alí se fabriquen

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

La Molinera, antigo fábrica de fariña da cidade de Ourense, pasará a converterse nun centro tecnolóxico. O Ministerio de Industria é a entidade que financia (con dous millón de euros) a reconversión nun centro de base tecnolóxica que pretende atraer a dúas ou tres empresas deste sector onde, ademais dun nicho de investigación, haxa unha parte destinada aos cidadáns. O obxectivo final é que sexa a propia cidadanía quen poida probar e participar na programación de todos os produtos e dispositivos que alí se fabriquen. As obras de acondicionamento do espazo comezarán en breve e esperan estar rematadas antes de final de ano. O citylab de Cornellá, primeiro laboratorio cidadán de Europa, é o referente cara o que olla o modelo previsto para La Molinera.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Europa

Claves

Lugares