O ciclo En Xira estreará 23 obras de compositores galegos

Celebraranse catro concertos a partir do vindeiro 22 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Vinte e tres estreas de vinte e un compositores galegos compoñen o programa do ciclo En xira, que presentou o pasado sábado o conselleiro de Cultura Roberto Varela. O evento, que comeza o vindeiro 22 de marzo, levará catro concertos a outras tantas cidades galegas e arrincará no conservatorio Xan Viaño de Ferrol, co quinteto de metales Santa Cecilia acompañado polos solistas Antonio Queija Uz, piano, e Irantzu Aguirre, á harpa. Varela anunciou tamén que a música será a grande protagonista da programación da Cidade da Cultura para este ano.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas