O Castelo da Rocha Forte abrirá ás visitas

Un convenio entre Concello de Santiago e Ministerio de Cultura permitirá a posta en valor do monumento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O investimento dun millón de euros por parte do Ministerio de Cultura, xa consignado nos orzamentos estatais para 2011 permitirá iniciar a recuperación do Castelo da Rocha Forte, en Compostela. A concelleira de Rehabilitación, Olga Socorro, presentaba esta mañá o proxecto que a cámara municipal lle remitirá ao Ministerio para a vindeira sinatura dun convenio que faga efectiva esta recuperación. A intención do Concello é facer visitable este monumento o antes posible, para o que se desenvolverán novas escavación no recinto interior e se consolidarán e recuperarán diferentes estruturas do conxunto. As visitas iniciaranse xa durante os traballos, e no proxecto está previsto que se desenvolvan cando menos durante dous anos.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Ministerio de Cultura, Concello de Santiago, Santiago de Compostela