A Deputación xeolocaliza o patrimonio medieval de Ourense

O proxecto permite coñecer polo miúdo a situación e as características dos monumentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Castelos, igrexas, mosteiros, torres ou capelas. O web Ourensemedieval.com permite coñecer a xeolocalización e características dos monumento da Idade Media nesta provincia, achegando fotografías, descricións e medios de acceso para facilitar a visita. O proxecto, que se presentaba esta mañá na sede de Deputación, está dispoñible tamén para GPS e para teléfonos móbiles, e prevé continuar incorporando os datos de arquitectura civil desta época. A iniciativa contou co apoio da Consellaría de Cultura e implicou a realización dun catálogo exhaustivo destes bens que recolle 2.000 fotografías.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Os lugares da cultura

Os lugares da cultura

O Mapa de Equipamentos Culturais permite localizar estes elementos a través do web

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Arquitectura, Idade Media, Medios de comunicación