Sinsal organiza o primeiro encontro de enxeñaría cultural

O encontro celébrase os días 8 e 9 de abril a coincidir con varios concertos experimentais

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

AP-9. Enxeñaría cultural é o título do encontro que organiza o Festival Sinsal na Coruña os vindeiros 8 e 9 de abril. A proposta pretende explorar as últimas tendencias en xestión cultural atendendo a cuestións como a busca de financiamento para proxectos, as posibilidades das novas tecnoloxías ou o traballo en rede. De xeito paralelo, o Festival organiza unha extensión no garaxe de Expocoruña centrada en propostas musicais de carácter experimental. Diva Dompé, Fm Eiheit e Massimo Pupillo, Live Footage ou Raime son algunhas das propostas que se poderán contemplar ao vivo no evento.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, A Coruña

Claves

Entidades
Lugares