Dardo completa a súa oferta editorial cunha publicación sobre arquitectura

Esta semana abrirá unha nova sede en Lisboa

9/3/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces
Novo deseño, nova orientación e nova sede. A editorial DARDO magazine abre un punto de inflexión na súa traxectoria cun cambio que afecta a varias frontes. Dunha banda abrirá nova sede en Lisboa, no barrio Alto lisboeta no espazo Carpe Diem Arte e Pesquisa que servirá de complemento á central que está en Santiago de Compostela. Da outra, a publicación contará cun redeseño gráfico que irá acompañado cun despegamento da cabeceira en dúas versións: unha destinada a arte (DARDO magazine_contemporary art) e outra a arquitectura e deseño (DARDO magazine_architecture+design). David Barro continúa a fronte deste proxecto que ten versión en español, portugués e inglés.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas