Cando Jose Luis Pego, director xeral de Caixanova, presentou o proxecto de reforma do edificio situado en Cervantes, prometeu que estarÃa para o inicio do ano Xacobeo e cumpriu a súa palabra. Caixanova inaugura hoxe o primeiro dos dous edificios socioculturais cos que contará en Santiago. Jose Luis Pereiro foi o arquitecto encargado da rehabilitación deste edificio que contará con 3.000 metros cadrados repartidos en salas de exposicións, biblioteca especializada en arte, aulas, obradoiros, sala de reunións e unha nova sede da Escola de Negocios Caixanova. Unha exposición dedicada a Luis Seoane será a encargada de abrir esta nova etapa na actividade sociocultural de Caixanova que conta, por primeira vez na súa historia, con sede propia na capital de Galicia. Canda ela haberá outra exposición sobre o Pórtico da Gloria (baixo o tÃtulo Misterio e sentido) e outra destinada a exhibir parte da colección de arte da entidade.