Caixanova inaugura o seu centro social en Vigo mentres Toxos e Froles presenta o proxecto da súa nova sede

Sedes novas

Once mil metros cadrados para actividades socioculturais é o que oferta o centro que Caixanova inaugurou onte en Vigo. Un edificio do século XVII totalmente restaurado acollerá un auditorio, aulas informáticas e diferentes exposicións. O Real Coro Toxos e Froles de Ferrol presentou tamén onte o proxecto da súa futura sede. As obras comezarán en maio e transformarán un edificio do século XVIII nun centro de 786 metros cadrados nos que se instalará un auditorio e unha biblioteca entre outras dependencias.

Máis información sobre a sede de Caixanova en La Voz de Galicia e en Faro de Vigo; sobre a nova sede de Toxos e Froles en Diario de Ferrol e no noso tema sobre o Coro