Araceli Freire faise co II Premio Xohana Torres de Ensaio

Un traballo sobre o papel das mulleres na defensa do monte veciñal no franquismo valeulle o galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O monte é noso. Conflitividade social no medio rural galego durante o Franquismo. O papel das mulleres na defensa dos montes veciñais en man común é o título do ensaio co que Araceli Freire gañaba esta mañá o II Premio Xohana Torres de ensaio. Na súa obra, Freire analiza o lugar que ocupaban as mulleres, legalmente diminuídas nos seus dereitos fronte aos homes, nos conflitos polo monte en mancomún que se produciron no noso país durante a dictadura. A autora, que o pasado ano levara o premio Juana de Vega de novos investigadores, recibirá 3.000 euros e verá publicado o seu traballo pola Universidade de Santiago.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Mulleres, Xohana Torres, Premio Xohana Torres...