O Concello de Santiago acollÃa na mañá deste 8 de marzo o fallo do Premio Xohana Torres, que recoñece os mellores traballos sobre as mulleres na sociedade galega. A xornalista e escritora Montse Fajardo foi recoñecida cos 2.500 euros do premio na categorÃa de ensaio e investigación, mentres o xurado deixou deserta a categorÃa de creación audiovisual.
CaÃdas é o tÃtulo da obra na que Fajardo analiza a institución do Padroado de Protección á Muller, unha institución con carácter de reformatorio que exerceu unha intensa represión sobre as mulleres baixo a súa custodia durante o franquismo.
O fallo do xurado destacou "a súa calidade literaria, orixinalidade, relevancia histórica e social asà como o interese actual da súa temática ao achegar a sociedade actual unha institución como foi o Padroado, unha organización descoñecida para o público en xeral e oculto o papel que desempeñaba coas mulleres en Galicia".
Ademais, o xurado valorou a contribución da obra a "visibilizar todas as violencias terribles que dende a dita institución se recollen no texto, destacando o eco social na vida de moitas mulleres da xeración coetánea ao Patronato que viviron en primeira persoa moitas das violencias".
O comité de selección estivo composto pola alcaldesa Goretti SamartÃn; pola delegada do reitor da USC para a Igualdade, Marta Pérez; e polas profesoras da USC Marta RodrÃguez, Yolanda MartÃnez, Ana Cabana, Beatriz Busto, Patricia Alonso e MarÃa Pilar Cagiao.