O concello da Coruña esíxelle a Xunta que manteña a axuda á Orquestra Sinfónica de Galicia

A administración autonómica decidiu recurtar a axuda en 600.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

É a formación máis exitosa de todas cantas hai en Galicia, ademais de ter un público fiel consegue colgar o cartel de “non hai entradas” en numerosas ocasións. A Xunta acaba de anunciar que reducirá a súa axuda a este proxecto en 600.000 euros, o que acaba de enfadar ao concello da Coruña. No último pleno os diferentes partidos políticos (coa excepción do PP) aprobaron unha moción esixindolle á administración autonómica que “rectifique”. Mentres tanto, a OSG continúa coa súa programación e esta fin de semana ofrecerá unha homenaxe ao compositor galego Manuel Balboa.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Orquestra Sinfónica de Galicia, Manuel Balboa, OSG