A nosa administración é a que menos cartos destina á Axuda oficial ó Desenvolvemento

¿Solidariedade?

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A administración galega, xunto coa de Canarias e Xunta de Castela e León son destinan menos cartos á Axuda Oficial ó desenvolvemento. Son datos que o informe "A realidade da axuda 2000-2001" elaborado por Intermón acaba de facer públicos.

Administración pouco solidaria


A administración galega, é dicir, concellos, deputacións e Xunta, é, segundo o informe elaborado por Intermón, a menos solidaria. No ano 1999, as arcas da Xunta destinaron 110 millóns nese concepto, o que supuxo un 0.02 por cento do seu presuposto total. Sen embargo, cómpre diferenciar que aínda que sexan datos da admnistración galega, o compromiso social e a sensibilidade dos galegos está ó lado das comunidades máis solidarias.


Situacións

A situación de compromiso e solidariedade é diferente segundo as etapas ou as situacións. A conciencia das nosas administracións resulta máis xenerosa no momento no que un tifón, un huracán ou un terremoto removen a terra ocasionando mortos, desperfectos con efectos devastadores. Neses momentos as estatísticas amosan un pico xeneroso, que durante o resto do ano decaen a mínimos como os que denuncia o informe que se acaba de facer público.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castela e León, Canarias