O Ministerio de Cultura aposta pola Panificadora para acoller a Biblioteca de Vigo

Consideran positivamente a localización do edificio e mais a súa calidade arquitectónica

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos do Ministerio de Cultura emitiu un informe no que salienta a "inmellorable ubicación" e mais a "calidade arquitectónica e simbólica" da Panificadora de cara a que esta instalación acolla a futura Biblioteca da Cidade. O Ministerio considera ademais que o espazo dispoñible nesta destacada construción supera ás necesidades previstas para o centro, polo que a antiga fábrica podería albergar outras actividades culturais. O Concello, pola súa banda, acolleu con agrado o informe do Ministerio e reafirmou a súa intención en se facer coa correspondente parcela. Despois quedarían pendentes os traballos de rehabilitación do conxunto que se conservaría de xeito íntegro.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Vigo

Claves

Lugares