Petróglifos, castros e restos romanos son algúns dos elementos patrimoniais que se poden atopar en illas como Ons, CÃes ou Sálvora. Agora, un equipo multidisciplinar do Laboratorio de Patrimonio, dependente do Instituto Padre Sarmiento, van analizar os restos arqueolóxicos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais, estes investigadores revisarán tamén os elementos de carácter etnográfico que se conservan nestes espazos, tales como cerramentos ou terrazas de cultivo, e mais o patrimonio inmaterial presente na zona. O proxecto conta co apoio de 10.000 euros anuais ata 2013 achegados por un proxecto do Plan Nacional de I+D.