O deporte contará cun observatorio sobre lingua

A entidade analizará a situación do galego neste ámbito e desenvolverá medidas para mellorala

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Secretaría Xeral de Política Lingüística creará un observatorio da lingua para o deporte. A iniciativa, promovida pola Fundación Azkar e o Club Azkar Lugo de Fútbol Sala, anunciouse onte a coincidir coa presentación do manual de regras de Fútbol Sala na nosa lingua. O observatorio analizará a situación da nosa lingua neste ámbito e e impulsará accións concretas para ampliar o coñecemento e emprego do galego no mesmo. De xeito paralelo a este anuncio, a secretaría anunciou no Parlamento que está a traballar nunha estratexia para que os cargos públicos empreguen o galego e sinalou que en xeral "percibe unha actittude positiva" na maioría dos cargos de cara á nosa lingua.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Lugo, Lingua galega