A Universidade e o Concello santiagués editarán catro mil exemplares do libro "A Historia de Santiago dende a Idade Media"

A historia de Santiago dende a Idade Media nun libro

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Abordar os aspectos demográficos, económicos, sociais e politicos de Santiago dende a Idade Media é o obxecto do libro " Historia da cidade de Santiago". Un volume de cincocentas páxinas no que colaboran Universidade e Concello.

Historia da cidade de Santiago


Estructurado en tres partes, esta historia da cidade pretende recuperar o protagonismo de Compostela dende a Idade Media. Fará fincapé nas características esenciais da cidade e a súa xeopolítica resaltando a importancia dun lugar que sempre perdeu protagonismo converténdose en escenario.



Aportacións


As aportacións básicas a este proxecto, segundo explicou o rector da Universidade santiaguesa Darío Villanueva, pasan por tres piares. O equipo de especialistas, os instroumentos materiais e o entusiasmo co que se participou neste traballo.
O libro foi coordinado polo catedrático Ermelindo Portelo e colaboraron historiadores da talla de Xosé Ramón Barreiro e Ramon Villares.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade Media, Darío Villanueva, Xosé Ramón Barreiro, Medios de comunicación...