O trío Perkutone investiga a fusión musical desde a percusión

O grupo utiliza só instrumentos de parche nas súas interpretacións

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

“La tierra sin mal” é o nome do primeiro disco do trío de percusión Perkutone nacido tras un longo traballo de investigación sobre a fusión entre a percusión da india, a afrocubana e o jazz. A orixinalidade do proxecto reside en utilizar no seu repertorio as formas, estruturas e melodías típicas de standards do jazz e do latin-jazz así como composicións propias feitas unicamente con instrumentos de parches como táboas, tumbadoras e batería. O hindú Vikas Tripathi ás táboas, Noli Torres na batería e Toño Rodríguez – que tamén lidera o Xoán Rodríguez Proxet- nas tumbadoras suplen a ausencia de instrumentos armónicos creando texturas tímbricas, rítmicas e melódicas.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, India

Claves

Conceptos
Lugares