Carlos Callón gaña o Vicente Risco de ensaio cunha obra sobre a homosexualidade na Idade Media

O filólogo demostra a tolerancia cara esta opción sexual nos mil primeiros anos do cristianismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O filólogo ribeirense e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón gañou esta fin de semana o Vicente Risco de Ciencias Sociais polo seu ensaio Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media. Segundo explica Callón no seu blog, "analizo como se constitúe o prexuízo anti homosexual, como se crea a idea de sodomía e como se converte nun pecado central para o cristianismo, a pesar de que está ausente dos primeiros mil anos de historia desta relixión. Mais tamén observo como, xunto co xurdimento da homofobia, aínda se mantén na Idade Media un clima de permisividade nas relacións afectivas entre homes". Callón destaca un documento do ano 1061 recollido no Tumbo de Celanova no que dous homes, Pedro Díaz e Muño Vandilaz, subscriben a súa unión en Rairiz de Veiga.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade Media, Vicente Risco, Carlos Callón, Ensaio...