A Deputación Provincial da Coruña produce o filme documental 'Maridos e sodomitas. Os casamentos de home no Reino da Galiza medieval', con realización de NÓS Televisión que xa pode verse en acceso aberto en Youtube a través das canles do ente provincial e da produtora. Con idea orixinal do filólogo, investigador, Carlos Callón autor da obra 'Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media', neste filme Callón documenta e presenta este percorrido da súa investigación que converte nunha ruta por varios lugares da nosa xeografÃa, nos que se entrevista con outros investigadores que fan as súas achegas sinalando elementos que deixaron constancia da normalización das relacións homosexuais ate finais da Idade Media. Seguindo a procura e interpretación de diferente documentación, vestixios arqueolóxicos e monumentos o documental asegura que o primeiro casamento documentado entre homes de todo o Estado español, no século XI, tivo lugar no concello de Rairiz de Veiga, segundo consta no Tombo de Celanova.
Con guión asinado polo propio Carlos Callón e Ana Viqueira e dirección de Roi Barros e MartÃn RodrÃguez o documental, de 36 minutos de duración, conta coas colaboracións e testemuños do arqueólogo Xurxo Ayán; os historiadores Francisco RodrÃguez, Xosé Miguel Andrade, editor do Tombo de Celanova, e Marta Cendón, historiadora da arte e estudosa da representación de esculturas funerarias. Conta ademais cunha banda sonora orixinal a cargo de Projeto Mourente, que mesmo fai unha versión sobre unha cantiga medieval de amor entre homes. A narración cóntase como unha "viaxe de estrada" do presentador no seu percorrido pola investigación e tira tamén de imaxes dixitais xeradas por ordenador.