Os Encontros de BD da Mariña chegan á súa III edición

As diferentes actividades desenvólvense no IES O Perdouro de Burela ata abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cartel do III Encontros de BD na Mariña

Cartel do III Encontros de BD na Mariña

Desde finais do pasado mes de xaneiro, o IES O Perdouro de Burela está a acoller os III Encontros de BD da Mariña. Se ata o de agora estaban dispoñibles as exposicións sobre a presenza da muller no cómic, Atrapados nas viñetas e os carteis que se presentaro para anunciar o evento, a partir da vindeira semana comezan as actividades cos obradoiros de introdución ao guión de BD que impartirá Kike Benlloch. Canda a isto continúan as proxeccións de cinema e o vindeiro 5 de abril un Cómic Sonoro creado polo Departamento de Artes do Instituto Monte Castelo. Unha charla a cargo de Dani Montero fechará o 12 de abril o evento.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Burela, Cómic, Kike Benlloch, Castelo...

Claves

Protagonistas
Entidades