O conxunto vocal The Tallis Scholars abre a IV edición do Festival de Música de Ourense

Conta coa participación do guitarrista Andrew York, ganador de varios Grammys

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Igrexa de Santiago das Caldas incorpórase ao conxunto de espazos nos que celebra a IV edición do Festival Pórtico do Paraíso, certame de música internacional de Ourense. Un encontro que se inaugura hoxe con The Tallis Scholars, un conxunto vocal especializado en música renacentista. Canda eles tamén está programada a presenza do guitarrista Andrew York, ganador de varios Grammys. Mesas redondas, conferencias e clases maxistrais fan parte deste programa que organiza a concellaría de Educación.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Educación, Caldas

Claves

Conceptos
Lugares