Unha estrea protagoniza a sexta edición do Pórtico do Paraíso

Os músicos dos concertos tamén participarán en encontros co público

11/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Son xa seis anos nos que a música antiga, barroca e medieval son habituais na programación ourensá. O Festival Pórtico do Paraíso repite unha vez máis na programación cun programa dobre: dunha banda concertos e da outra actividades paralelas relacionados cos concertos. A edición deste ano ábrese cunha exposición sobre os instrumentos do Pórtico do Paraíso. Un día máis tarde, o grupo vocal e instrumental The Harp Consort ofrece un dos pratos fortes:a estrea dunha obra inédita do barroco español. Despois virán o arpista Andrew Lawrence-King (17 de febreiro), as frautas e percusión de Eloqventia, que ofrecerá un dobre concerto (18 e 19 de febreiro), as voces e percusión do Trío Medieval e o concerto de Laura Alonso. Os músicos de Eloqventia e a soprano galega Laura Alonso desenvolverán varios encontros. A programación contará tamén cunha conferencia, que se achega a vida e obra dedo Mestre Vide.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barroco

Claves

Conceptos