A producións galega finalista dos Max soamente na categoría de autor teatral na nosa lingua

O musical de corte familiar Blancanieves Boulevard opta a 11 estatuíñas

10/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Eduardo Alonso por Glass City (Cidade de Cristal);Quico Cadaval por Shakespeare para ignorantes e Santiago Cortegoso por A filla de Woody Allen son os tres finalistas ao Premio Max de Teatro na categoría de mellor autor teatral escrito en lingua galega. A produción escénica galega non é finalista en ningunhas das 23 categorías que conta este certame na súa 14 edición. Os gañadores deste certame, que puntua a profesión, resolveranse nunha gala que terá lugar en Córdoba o vindeiro 9 de maio. A función por facer dirixida por Miguel del Arco e A arte da comedia, posta en escena por Carles Alfaro obteñen varias candidaturas, mentres que o gran favorito é o musical de corte familiar Blancanieves Boulevard opta a 11 estatuíñas.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago Cortegoso, Eduardo Alonso, Shakespeare, Quico Cadaval...