A música de órgano está de parabéns en Galicia. Ao recente proxecto de catalogación dos instrumentos deste tipo en igrexas do paÃs súmase agora a asociación Un rato no tubo. Este colectivo nado en Ourense abre cun concerto ás oito desta tarde a súa actividade. A seguir, esta asociación pretende desenvolver visitas a órganos destacados desta provincia, organizar audicións e outras orixinais propostas para dar a coñecer este instrumento. Marisol Mendive, profesora de órgano no conservatorio de Ourense e unha das promotoras explÃcanos esta iniciativa e analiza a situación do patrimonio organÃstico do noso paÃs.