Cultura compromete 90.000 euros para as actividades da Academia Galega do Audiovisual

A Academia celebrará o venres unha xuntanza na que decidirán o formato de gala para os Mestre Mateo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os premios Mestre Mateo, o foro Academia Aberta e a publicación “Os Papeis da Academia”. Estas son as tres actividades que organiza a Academia Galega do Audiovisual e que contarán con apoio da consellaría de Cultura. Así o acordaron as dúas partes implicada no transcurso dunha reunión celebrada onte. Segundo publica Xornal de Galicia a contía apalabrada é de 90.000 euros, 20.000 euros menos que no ano anterior. Con todo, a Academia celebrará este venres unha xuntanza extraordinaria na que lle dará a coñecer aos seus socios de que orzamento dispoñen e que tipo de gala se poderá celebrar.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Premios Mestre Mateo