A Xunta garante Internet nos centros de ensino para o curso 2001-2002

Internet, primaria (e secundaria)

20/2/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
33 lecturas | Compartido 0 veces

Todos os centros de ensino primario e secundario terán a partir do curso próximo, segundo anunciou onte a Xunta. A Consellería de Educación vén de asinar un convenio con La Caixa, que cederá a plataforma informática necesaria para que a consellería dea acceso e colabore coa comunidade virtual Educ@lia, na que ingresará Galicia.

ADSL

O plan da Xunta prevé que os centros de secundaria conten con dez ordenadores cada un, que terán acceso á rede por unha liña ADSL de alta capacidade. Os colexios de primaria, pola súa banda, terán tres aparellos que tamén estarán conectados deste xeito. Con este programa preténdese potenciar a apredizaxe de novas tecnoloxías e que se aproveite a potencialidade educativa da rede. O plan da Consellería completarase coa organización de cursos que permitan ós alumnos aproveitar ó máximo estes recursos.

Educ@lia

A comunidade virtual Educ@alia, á que se vén de adherir Galicia mediante o convenio asinado onte con La Caixa, está dirixida fundamentalmente ós alumnos de Educación Infantil e Primaria con seccións para os pais e profesores deste colectivo. Entre os servicios Educ@lia inclúese a posibilidade de dispor de correo electrónico persoal, construír a propia páxina web. Segundo este convenio, a Xunta desenvolverá contidos propios en Educ@alia.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Ensino, Secundaria, Educación...