Amal abre o prazo de recepción de traballos esperando incrementar a participación

O encontro terá lugar do 24 ao 29 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“A situación de Túnez, do Sáhara con Marrocos, o conflicto Palestino… creo que este ano imos recibir máis películas”. Ghaleb Jaber Martínez, director de Amal, sintentizaba así algunhas das temáticas que recollerán os filmes que, desde hoxe, xa se poden enviar para participar na IX edición do Festival Amal. Este encontro que pretende concienciar á cidadanía sobre a problemática do mundo árabe desenvolverase neste 2011 entre o 24 e o 29 de outubro. Esta edición ponse en marcha coa apertura de dous prazos de recepción tanto de traballos no ámbito audiovisual como de presentación de carteis do festival. Mantense a contía e a categoría dos premios, pero Ghaleb Jaber avanzou que haberá novidades tanto no xurado, como nas actividades paralelas do encontro.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Amal, Marrocos

Claves

Entidades
Lugares