O lucense Pablo Carpintero será un dos doce membros da comisión que asesorará à UNESCO sobre os bens que serán declarados Patrimonio Cultural Inmaterial este ano. Portero, investigador do Proxecto Ronsel, membro da comisión técnica do Arquivo Sonoro de Galicia, e autor da monumental Os instrumentos musicais na tradición galega, terá que decidir canda aos seus compañeiros encol das propostas para formar parte da lista de salvagarda urxente, do rexistro de mellores prácticas e das solicitudes de asistencia internacional por montantes superiores a 25.000 dólares. Este mes de xaneiro desenvolverase a primeira xuntanza na que se avaliarán 56 propostas de todo o mundo.