O cineclube Padre Feijóoo e o Festival de Ourense crean unha programación estable de cinema

A programación comeza o vindeiro mércores 12 con Un profeta de Jacques Audiard

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As dúas entidades que promoven o audiovisual na cidade de Ourense (o cineclube Padre Feijoó e o Festival de Cinema Independente) acaban de sumar os seus esforzos para ofrecer unha programación estable e de calidade coa que incrementar a oferta deste xénero. A oferta terá lugar todos os mércores en doble pase (sesión de 20:30 e 23:00 horas) e estará configurada en base a ciclos temáticos mensuais, algúns deles relacionados con acontecementos da cidade. Cine social, británico, muller, música, teatro (coincidindo coa celebración da Miteu), galego (na semana posterior á entrega dos premios Mestre Mateo da Academia de Cine que se celebra o 16 de abril en Ourense), e oriental conforman esta oferta cultural. A programación comeza o vindeiro mércores 12 con Un profeta de Jacques Audiard.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ourense, Teatro, Xénero...

Claves

Conceptos
Lugares