O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, inauguraba onte as tres novas salas coas que contará o Museo Catedralicio e Diocesano de Mondoñedo. As obras afectaron a tres espazos anexos ao claustro e permitiron tamén abordar melloras no acondicionamento doutras dúas salas. De xeito paralelo, desenvolveu un novo proxecto museolóxico que opta por un percorrido non cronolóxico dos fondos, compostos fundamentalmente por pezas de arte sacra. A actuación foi financiada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.