Estrelas de Hollywood como Gary Oldman ou Andy García dobrarán ao inglés O Apóstolo

O filme estrearase entre marzo e maio previa participación nun festival internacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fixeron unha estrea multitudinaria en xullo deste 2010, por coincidir co Ano Santo, pero o filme de animación O Apóstolo, non chegará a carteleira ata mediados de 2011. Será entre marzo e maio, previa participación nun festival internacional para o que están a preparar a súa versión internacional. Gary Oldman, John Goodman e Andy García dobrarán as personaxes de animación que na versión galega conta con Luis Tosar, Carlos Blanco ou Celso Bugallo. Ademais, a versión inglesa da canción correrá a cargo de Roger Daltrey, de The Who. A produtora santiaguesa asinou un contrato coa distribuidora internacional Shoreline.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Apóstolo, Animación, Hollywood, Carlos Blanco...

Claves

Protagonistas
Lugares