Narón leva a ata a localidade Normanda de Le Hague a súa tradición folclórica para participar nun congreso europeo

CD-naROM

Desde hai dous anos desenvólvese o programa da Unión Europea "Cultura 2000", que pretende dar a coñecer o patrimonio cultural e natural das penínsulas oceánicas europeas de Francia, España e Irlanda. E entre as localidades escollidas figura Narón que acudirá esta semana ata La Hague para participar no encontro que pon fin a este proxecto. Alí, o equipo naronés fará demostracións de tiro con arco, tiro de corda ou tala de troncos, fará unha actuación de baile e música tradicional galega ataviados con traxes típicos. E o resultado de todo este proxecto dará lugar a un CD-ROM que editará o concello de Narón.







Máis información en
Diario de Ferrol