O concello de Narón comezará o vindeiro ano as obras de Aldea Temática, un parque temático inspirado no mundo celta. Este proxecto parte do castro de Eiravedra, que contará cunha estación de estudos arqueolóxicos, ao que se sumará un museo etnográfico e hortas nas que se verán as tarefas tradicionais do campo. Parques botánicos, unha área de xogos tradicionais e outra dedicada a enerxÃas renovábeis completan o equipamento inicial do proxecto, que se quere ampliar nunha segunda fase cun planetario e novas instalacións de carácter tecnolóxico.
Máis información en Diario de Ferrol e en La Voz de Galicia