A Escola de Teatro Profesional de Narón abre o seu prazo de matrícula o vindeiro día vintedous

A estudiar teatro a Narón

20/9/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A primeira Escola de Teatro Profesional de Galicia, a de Narón, botará a andar o vindeiro mes de outubro. Os interesados en inscribirse poden facelo a partir do luns 22 de setembro pagando unicamente trinta e cinco euros. Cada curso desta escola contará con oito materias, e o programa completo de ensino durará seis anos divididos en dous ciclos. O Padroado da Cultura, institución que promove a escola, recibiu xa duascentas solicitudes de información ao respecto desde que anunciou a creación do centro. O Concello de Narón investiu 12.000 euros na posta en marcha deste proxecto.

Máis información no Diario de Ferrol e en La Opinión

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narón, Teatro, La Opinión, Concello de Narón...

Claves

Conceptos
Lugares