Luís Díaz é seleccionado como fotógrafo oficial de ARCO 2011

Xunto con Héctor Mediavilla, César Merino e Salvador López retratarán o día a día da feira

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Presentáronse preto de 1.600 candidatos pero ao final, un dos catro fotógrafos oficiais da vindeira edición de ARCO será Luís Díaz. Este fotógrafo galego (A Coruña, 1978) será o encargado de retratar o día a día da feira de galerías de arte contemporánea máis importante do Estado. Comparte selección xunto con Héctor Mediavilla, César Merino e Salvador López , os catro seleccionados da iniciativa “Fotoactitud”. O resultado das súas fotografías poderá verse na edición de ARCO de 2012.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Feira, Galerías de arte, A Coruña

Claves

Entidades
Lugares