Â…---Â… SÓS en código morse, é cuarto disco de Mercedes Peón e un punto de inflexión na súa carreira. Cos seus discos anteriores conseguiu situarse na escena world music a nivel europeo e co novo traballo, editado por Fol do grupo BOA, dá un paso máis como produtora, compositora e cantante, traspasando as fronteiras das músicas de raÃz para situarse na vangarda musical. O tratamento do acústico como eléctrico e do eléctrico como acústico sitúana nunha esfera onde a súa proposta pode ter cabida en festivais como Sonar, Coachella ou Burning Man. Creado, tocado, producido e mesturado por ela mesma nos seus dez temas ...---..., é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, enténdese como unha superposición de capas e unha investigación incansable de novas formas de expresión. A artista foi elixida polo comité do Womex para presentar alà este traballo. O disco preséntase como unha edición limitada en caixa metálica serigrafada e distribuirase en Francia, Alemaña, UK, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Portugal, Dinamarca, Suecia, Noruega, Austria, Italia, Grecia e Xapón.