A Xunta reduce de 586 a 15 as prazas en I+D+i

Convocan unha concentración diante da Xunta para o xoves 16 ás 12:00 horas

A Federación de mozos Investigadores denuncia o descenso de prazas de investigadores de 586 a 15. Unha situación que, na súa opinión, “fulminará o I+d”, polo que convocaron unha concentración para este xoves á que tamén se suma a Asociación de Investigadores do Instituto Isidro Parga Pondal. Ao mesmo tempo, denunciaron a extinción do plan INCITE (que se adecuaba do 2006 ao 2010) desenvolvido polo bipartito para o I+D sen que o remate se presentara un novo proxecto.