A curta de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, preseleccionada para os Óscar

O 25 de xaneiro saberase os candidatos definitivos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Conta a historia da pequena Dinki, que vai camiño da escola cando acontece un terrible accidente laboral. O destino dela pasa a estar en mans do seu amigo Birdboy, un rapaz introvertido que se agacha no monte abandonado ás súas fantasías. Este traballo recibiu numerosos galardóns, entre eles o de animación do Festival de Foyle (Derry, Irlanda 2010), que lle permite pasar a primeira peneira dos Óscar. Será o vindeiro 25 de xaneiro cando coñezamos cales son os finalistas duns premios que se entregan o 27 de febreiro.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Vázquez, Animación, Irlanda

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares