É evidente que o contexto dixital mudará as formas de almacenamento e consulta dos documentos, pero tamén o papel que han de xogar as bibliotecas. Por iso, a Consellaria de Cultura convoca a expertos de carácter internacional e de ámbito galego para analizar os retos e as oportunidades. Pasado, presente e futuro das bibliotecas celebrarase entre o 1 e 2 de decembro no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia. Entre os ponentes destaca o pensador italiano e Premio PrÃncipe de Asturias Claudio Magris, o Premio Cervantes e actual Embaixador da República Chilena en ParÃs, Jorge Edwards, xunto aos prestixiosos especialistas nas novas tecnoloxÃas da comunicación como Román Gubern, profesor Emérito da Universidade Autónoma de Barcelona. Da banda galega estará Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Ramón Barreiro, Alfredo Conde, Daniel Buján ou Rexina Vega.
Programa do "Presente, pasado e futuro das bibliotecas".