Entre os cincuentra discos máis vendidos nos últimos dous anos non hai ningún grupo emerxente. E precisamente ese descoñecemento é o que pretende combater Girando por salas (CPS), unha iniciativa que xunta a novas promesas con valores consagrados da música en salas de concertos a baixo prezo (entre 5 e 10 euros). Santiago acolle hoxe o primeiro dos concertos desa particular xira que ten ámbito estatal, con Xoel López e Iván Ferreiro (que revisarán os seus éxistos máis coñecidos) de “padriños” de Elodio y los seres Queridos (Sala Capitol, Santiago, 21:00 horas). Non será o único grupo galego desta iniciativa pola que tamén pasarán Aló Irmao, Delahoja, Quempallou e Triángulo de Amor Bizarro. Todos eles se presentaron ao proceso de selección a través da web cunha comisión formada por representantes das asociacións musiciais que, xunto co Ministerio de Cultura promoveron esta actividade.