O novo de Manuel María e de Uxío Novoneyra

Preséntanse obras inéditas dos dous recoñecidos poetas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Galiza é o título da obra inédita que deixou Manuel María á súa morte. Unha síntese de xeografía e historia do noso país que agora ve a luz da man da Fundación que leva o seu nome. Ferrol acolle hoxe ás oito da tarde a presentación desta obra, no que é o comezo dunha xira que visitará as grandes cidades galegas. A seguinte parada será mañá na sede da Real Academia, na Coruña. Pola súa banda, a editorial Alvarellos acaba de tirar do prelo Gran Lugo de Nebra, unha obra que recolle 51 textos breves en prosa de Uxío Novoneyra. Un estudo de Pilar García Negro e ilustarcións de Xesús Blas Lourés acompañan os textos, dos cales doce son completamente inéditos.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Uxío Novoneyra, Pilar García Negro, Xeografía...