Luar na Lubre presenta Solsticio, o seu novo disco

A obra supón un retorno ao espírito acústico da formación

29/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Dez anos despois da publicación de Plenilunio, Luar na Lubre presenta, o vindeiro 30 de novembro, Solsticio (Warner Music), un disco que o grupo considera que fecha un ciclo. A obra supón un retorno ás orixes acústicas e achega melodías desde a Idade Media ata a actualidade, co que queren "volver a definir Galicia e o seu espírito aberto a través da música". O disco, de quince temas preséntase en directo o vindeiro 2 de decembro en Alcalá de Henares. Entre outros, colaboraron no proxecto Miro Casabella, Nani García, Diana Navarro ou Pat Kilbride. Gravouse nos estudios Bruar. No seu My Space pódense escoitar xa algúns dos temas presentes na obra, como Ven bailar Carmiña e o Romance de Don Gaiferos.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Luar na Lubre, Nani García, Idade Media...

Claves

Protagonistas
Entidades