A falta de apoios leva á suspensión do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

O evento celebraba este ano a súa V edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A V Edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional, que estaba prevista para os días 3, 4 e 5 en Compostela, non se celebrará este ano. A Asociación de Gaiteiros Galegos denuncia hoxe no seu web que a falta de apoios da Xunta, logo de diferentes xuntanzas, lles fai imposible continuar a celebración deste evento. A Asociación salienta a importancia que acadara este evento desde a súa celebración e a grande participación en cada unha das edicións celebradas.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Gaiteiros Galegos, Santiago de Compostela