Galaxia presenta os primeiros contos en galego para iPad e iPhone

Un video amosa como funcionan as adaptacións interactivas dos títulos

17/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Puag, que noxo! e Un can no piso!, de Fina Casalderrey (ilustrados por Xan López Domínguez e Kristina Sabaite), Quen son?, de Alicia Borrás (con ilustracións de Andrés Meixide), Voces na lagoa do espantallo!, de Xan López Domínguez e Conto para non comer, de Oli (tamén ilustrado por Andrés Meixide) son os primeiros contos en galego adaptados para iPad e iPhone. A editorial Galaxia presentaba onte este proxecto no encontro FICOD de Madrid. As obras inclúen animacións, voces e posibilidades interactivas en galego, castelán e inglés. Esta edición inclúese no proxecto Contoplanet, que Galaxia coordina con Perro Verde Films.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Andrés Meixide, Xan López Domínguez, Kristina Sabaite...