O Consorcio de Santiago promove unha Biblioteca Infantil de libros ilustrados relacionados con Compostela

Compostela literaria para cativos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un conto de Xosé Antonio Perozo con ilustracións de Andrés Meixide abre a primeira das coleccións que constituirán a Biblioteca Infantil do Consorcio de Santiago. Esta entidade interadministrativa, de titularidade municipal, acordou con distintas editoriais a publicación dunha serie de títulos que cada editora sacará nun formato e cunha liña específica. A presenza da cidade, a súa historia e os seus personaxes máis coñecidos será unha constante das obras. A colección coa que comeza está editada por Sotelo Blanco e leva como nome Branco de Cores , ten previstos seis títulos dos que xa sacou os dous primeiros. Nun par de meses sairá outra colección da Biblioteca Infantil do Consorcio editada por Kalandraka e con ilustracións de Kiko da Silva sobre unha narración de Paco López Barxas.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio de Santiago, Xosé Antonio Perozo, Andrés Meixide, Kiko da Silva...