Berrogüetto gravará a súa actuación en Santiago para un DVD en directo

A BSO da película The Way inclúe dous temas do grupo folk

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O concerto que este sábado dará o grupo Berrogüetto no Auditorio de Galicia ás 21 horas dentro do ciclo Sons da diversidade será rexistrado para presentarse posteriormente en DVD. Esta será a primeira gravación en directo desta prestixiosa e veterana formación na súa longa carreira con xa cinco discos editados. A formación tamén esta de actualidade xa que os seus temas Nadal de Luintra e Fusco son as únicas achegas xa non galegas senón nacionais á BSO da película The Way creada polo compositor Tyler Bates e na que tamén hai cancións de Coldplay, Alanis Morissette ou James Taylor.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DVD, Berrogüetto, Folk, Nadal...

Claves

Conceptos