O folk que nunca chegou ás tendas

A Voz de Vilalba publica dous temas inéditos de Xorima

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Detalle da portada do único disco de Xorima

Detalle da portada do único disco de Xorima

Coincidindo co Día das Letras Galegas, o web A Voz de Vilalba presentou dous temas inéditos dun emblemático grupo renovador do folk nos 80: Xorima, creador dun estilo de facer música de raíz que seguirían despois grupos como Berrogüetto. "De Xolda / Entre o millo" mestura dúas cancións, e foi composto por Ferreirós e Anxo Pintos. O outro tema, "Sicodélica", é de base tradicional con arranxos do grupo. Os temas foron gravados e interpretados en directo en 1988 e ían ser parte do segundo disco de Xorima. Nunca chegou a saír.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Ecos de Xorima

Ecos de Xorima

Un proxecto transmedia reivindica o impacto na escena musical dunha formación folk dos anos 80

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Vilalba, Día das Letras Galegas, Berrogüetto

Claves

Entidades
Lugares